Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2021

Que é a seguridade na rede?

Xunto con este mapa conceptual, aclararemos o que son algúns deses termos e aplicativos que algunha vez escoitamos doutras persoas pero que sempre pareceron fóra do noso alcance. Entendemos por seguridade informática a todas as ferramentas informáticas e lóxicas que aseguran a protección dos nosos datos en calquera ciberespazo. Dende non aceptar anuncios en páxinas comúns ao uso de VPNs e antivirus diariamente, veremos por que é importante dedicarlle un anaco do noso tempo a algo que a veces pasa desapercibido na vida de moita xente.

Benvidos!

Ola! Neste espazo publicaremos contidos que nos ensinarán elementos da seguridade informática aos que todos temos acceso, dende as máis simples accións que contribúan coa defensa cotiá ata o uso de softwares especializados en asegurar que só nós teñamos a "chave" dos nosos datos e dispositivos.