Saltar ao contido principal

Análise sobre unha enquisa da Seguridade Informática nos arredores do Ribeiro

Nesta publicación faremos un resumo dunha enquisa dixital realizada ao longo deste fin de ano 2021 a persoas da comarca do Ribeiro, en Ourense. No resumo marcaremos puntos destacables da enquisa xunto cunha pequena análise dos datos que mostra. 

 Como primeiro punto a maioria das respostan son de xente xove, concretamente de idades comprendidas entre os 11 e os 17, seguidos do grupo de 18 a 25 anos, polo que os resultados están moi influídos pola xuventude. A totalidade das persoas respostaron que posúen algún dispositivo, sendo na súa maioría teléfonos móbiles e portátiles, o cal é un resultado esperado tendo en conta as idades das persoas que responderon. Así mesmo coas redes sociais, pois a opción "Ningunha" posúe un 0% de selección. Entre as redes máis utilizadas temos Whatsapp, Twitter, Instagram e TikTok, que en xeral son as redes máis famosas nos últimos tempos.

 

 Na pregunta do sistema operativo preferente unha gran maioría seleccionou Windows, seguido de lexos por IOS. Na mesma situación se atopa Google Chrome na pregunta do navegador preferente, xa que xunto cos usuarios de Windows a maioría levan Chrome con eles. 

 O seguinte punto é o tempo de uso e a que se dedica ese tempo, rematando nunha maioría de máis dunha hora de uso diario adicado a redes sociais, tamén un resultado esperado atendendo ás franxas de idade maioritarias.



 Dentro deste uso temos o apartado da información privada atopada nestes dispositivos. A maioría de xente só garda información que xeralmente uso de forma cotiá, pero tamén os hai que administren todo dende os dispositivos, inda así moita xente fai copias de seguridade regularmente. 

 En termos de seguridade, as respostas divídense en terzos entre ter varios contrasinais, poucos e só un para distintos sitios que os requiran, pero inda así a maioría navega en entornos seguros e fiables que non requiran extremo coidado.

 Entrando nas estafas, a maioría de xente sabe identificalas e reaccionar ante elas, pero algunha persoa respondeu que foi vítima dalgunha.


 Como último punto, a inmensa maioría da xente utiliza antivirus e VPNs nos seus dispositivos para asegurar a súa seguridade nas redes. 


 En conclusión, coas respostas que se recolleron ata o momento deduzo que xeralmente moita xente posúe un suficiente coñecemento sobre a seguridade dixital como para estar bastante seguros nas súas viaxes pola Internet.

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Que é a seguridade na rede?

Xunto con este mapa conceptual, aclararemos o que son algúns deses termos e aplicativos que algunha vez escoitamos doutras persoas pero que sempre pareceron fóra do noso alcance. Entendemos por seguridade informática a todas as ferramentas informáticas e lóxicas que aseguran a protección dos nosos datos en calquera ciberespazo. Dende non aceptar anuncios en páxinas comúns ao uso de VPNs e antivirus diariamente, veremos por que é importante dedicarlle un anaco do noso tempo a algo que a veces pasa desapercibido na vida de moita xente.

Pílula sobre as TIC #1

                As seguintes 5 publicacións conterán 5 pílulas con microconsellos e información sobre distintoa tópicos na seguridade informática. A primeira en presentar é unha presentación sobre as cookies das webs.