Saltar ao contido principal

Publicacións

Análise sobre unha enquisa da Seguridade Informática nos arredores do Ribeiro

Nesta publicación faremos un resumo dunha enquisa dixital realizada ao longo deste fin de ano 2021 a persoas da comarca do Ribeiro, en Ourense. No resumo marcaremos puntos destacables da enquisa xunto cunha pequena análise dos datos que mostra.   Como primeiro punto a maioria das respostan son de xente xove, concretamente de idades comprendidas entre os 11 e os 17, seguidos do grupo de 18 a 25 anos, polo que os resultados están moi influídos pola xuventude. A totalidade das persoas respostaron que posúen algún dispositivo, sendo na súa maioría teléfonos móbiles e portátiles, o cal é un resultado esperado tendo en conta as idades das persoas que responderon. Así mesmo coas redes sociais, pois a opción "Ningunha" posúe un 0% de selección. Entre as redes máis utilizadas temos Whatsapp, Twitter, Instagram e TikTok, que en xeral son as redes máis famosas nos últimos tempos.    Na pregunta do sistema operativo preferente unha gran maioría seleccionou Windows, seguido de ...